O BNG denuncia que o concello está a facer un desbroce moi deficiente no rural e insta a que se remate o traballo que non fixeron no seu día


O portavoz municipal do BNG considera que “non é de recibo este desleixo e este abandono por parte do goberno municipal, tendo en conta que teñen máis medios materiais que antes, gracias as xestións feitas pola Concellaría de Medio Rural que levaba a nosa compañeira Raquel López”. “Está claro”, engadiu o portavoz do BNG, “aquí o que falla son os responsábeis políticos, non fallan, desde logo os operarios, que fan o que lle mandan estes.”

Na Estrada, a obriga do Concello do desbroce das cunetas vénse realizando de maneira que as estas estean limpas cando en cada parroquia se celebren as súas festas.

O BNG, a través do seu portavoz municipal, vén de denunciar que “o concello non está cumprir as súas obrigas cos veciños e veciñas do rural”. “Así foi nos últimos catro anos, pero semella que desde que goberna o Partido Popular os traballos de desbroce son escasos, e o pouco que se fai, faise mal”, explicou Xosé Magariños.

“Durante este verán, no que se celebraron festas na meirande parte das nosas parroquias, son numerosos os lugares que quedaron sen desbrozar, algo que non pasou mentres o BNG xestionaba a Consellaría de Medio Rural no anterior mandato”, afirmou o portavoz do BNG. “Lugares como Paramá, o Pazo, ou Constenla en Santo André de Vea, por exemplo, cuxas festas patronais se celebraron hai quice días, a máquina desbrozadora ni se asomou”, denunciou o nacionalista Xosé Magariños. “Pero hai máis casos en San Xurxo de Vea, San Xiao, Santa Cristina, que celebraron as festas nas últimas semanas, e que tamén se fixo un desbroce deficiente, nada que ver cos anos anteriores”, engadiu Magariños.

O portavoz municipal do BNG considera que “non é de recibo este desleixo e este abandono por parte do goberno municipal, tendo en conta que teñen máis medios materiais que antes, gracias as xestións feitas pola Concellaría de Medio Rural que levaba a nosa compañeira Raquel López”. “Está claro”, engadiu o portavoz do BNG, “aquí o que falla son os responsábeis políticos, non fallan, desde logo os operarios, que fan o que lle mandan estes.”

Afirmou, “non comprender por que se modificou o plan de traballo establecido para este servizo co que se daba cumprimento aos traballos de desbroce, tanto con relación ás festas coma ao inicio do curso escolar, como o aproveitamento turístico ou os traballos preventivos.”

Xosé Magariños reclamoulle ao Alcalde que fagan un novo desbroce nas parroquias que celebraron festas recentemente “a rematar o traballo que non fixeron no seu día”; Magariños lembrou tamén que ” non só é importante no verán para evitar a propagación de lumes, senón que tamén é moi necesario para a seguridade vial, e demandou que se dea prioridade ás que forman parte dos roteiros do transporte escolar.”

Advertisements