Se se confirma a eliminación da bonificación do IBI, os recibos subirán un 60%


O remanente de 1.450.000 euros que menciona o Concelleiro de Facenda, gastouse gracias aos votos do PSOE e do PP, en contra do criterio do BNG que o quería adicar a amortizar débeda e para o PXOM

O BNG convida a todos os estradenses a asistir ao pleno de mañá xoves e impedir esta suba de impostos

O BNG xa ten organizada unha reunión informativa, aberta a todos os estradenses, para o venres 14, ás 9 da noite na Sala de Exposicións de Caixa Nova, para explicar as consecuencias deste atraco do PP.

Pleno 2004

Pleno 2004

A respecto do artigo de opinión que o Concelleiro de Facenda, Alberto Blanco, escribiu hoxe para un medio de comunicación local, o portavoz municipal do BNG, Xosé Magariños explicou que “o IBI, a contribución, en absoluto é un imposto progresivo, xa que, aínda que se paga máis en función da superficie do terreo ou do solar, o prezo por metro cadrado é igual para todos (traballadores, pensionistas, parados, etc),” “Outra cousa sería,” engadiu o concelleiro nacionalista, “se ao pagar o IBI se contemplara a renda do contribuínte, daquela si, pero non é o caso.”

“Por outra banda,” precisou o nacionalista Xosé Magariños, “recórdolle, por se xa o esquecera o señor concelleiro, que o remanente 1.450.000 euros que menciona no seu artigo e nas declaracións na radio municipal, gastouse grazas aos votos do Partido Popular e do PSOE, que votaron a favor, en contra do criterio do BNG que o quería para amortizar débeda e para o PXOM”.

“Xa sei,” explicou Magariños, “que daquela Alberto Blanco non era concelleiro, pero que cada pau aguante a súa vela, porque se se fixera o que dicía o BNG, agora non poderían utilizalo como xustificación da suba dos impostos un 60%, que será o que teñan que pagar a maiores todos os veciños e veciñas do Concello da Estrada”.

Pleno 2004

Pleno 2004

“Como xa fixemos en 2004, cando o BNG aprobou en solitario esta bonificación que quer eliminar agora o PP, faremos o imposíbel para evitar esta subida de impostos”, explicou o portavoz do BNG. “Neste sentido”, engadiu, “non só invitamos a todos os veciños e veciñas a amosar a súa repulsa contra esta subida acudindo ao pleno de mañá xoves, senón que o BNG xa ten organizada unha reunión informativa, aberta a todos os estradenses, para o venres 14, ás 9 da noite na Sala de Exposicións de Caixa Nova, para explicar as consecuencias deste atraco do PP.” “No BNG non nos vamos a quedar cos brazos cruzados”, explicou Magariños, “se en 2004 había motivos para aprobar esta bonificación, en 2011, e con esta crise, máis aínda”.

O portavoz do BNG, Xosé Magariños tamén se referiu ao feito de que o grupo de goberno do PP recoñece que o máis sensato sería agardar a ter unha nova ponencia de valores unha vez se aprobe o Plan Xeral. Neste sentido o concelleiro nacionalista indicou que “no BNG se xa estabamos preocupados polo PXOM, ante a falta de noticias oficiais, isto é, en comisión, agora xa entramos nunha fase de pánico, porque con estas declaracións implicitamente o PP está recoñecendo que de momento non se aprobará.” “Co cal non haberá máis ingresos, non haberá unha nova ponencia de valores, e o PP recorre ao máis fácil, subir os impostos”, rematou dicindo o portavoz municipal do BNG.

Advertisements