O BNG da Estrada dá a coñecer as emendas aos orzamentos da Xunta


Centro de día, autovía Santiago-A Estrada, Cidade do Móbel e Torre e Pazo de Guimarei son centran as emendas do BNG da Estrada

Magariños recorda que todas estas emendas son promesas electorais do PP, e agarda que sexan atendidas favorabelmente no trámite parlamentarO BNG da Estrada, a través do seu portavoz municipal, Xosé Magariños, presentou hoxe as emendas aos orzamentos da Xunta, xunto aos compañeiros da comarca A Estrada-Deza na localidade de Lalín, para o que contaron coa presenza de Teresa Táboas.

Magariños fixo unha valoración crítica cos orzamentos que a Xunta adicará en 2011, que cualificou como de “calderilla, e non concreta obras importantes e necesarias para a Estrada como son a autovía Santiago-A Estrada e a Cidade do Móbel”. Esta escasa masa orzamentaria que se dedica a Estrada no 2011, deixa en moi mal lugar ao PP, e concretamente ao Alcalde da Estrada, quedando patente o seu escaso peso político na Xunta, como xa tempos atrás”, explicou o concelleiro nacionalista.

“Neste sentido,” engadiu o portavoz municipal do BNG, “presentamos unha emenda a autovía de 1.000.000 de euros, e de 3.500.000 euros para a Cidade do Móbel, porque queremos que sexan os verdadeiros motores na creación de emprego no noso concello”.

Por outra parte, Magariños tamén explicou que outra emenda de 1.000.000 será para a Residencia e centro de día, “imprescindíbel, e lamentábel que un concello da nosa categoría non contemos cunha infraestrutura deste tipo”.

Por outra parte, Xosé Magariños tamén deu conta doutra emenda de 300.000 euro para recuperar a Torre e o Pazo de Guimarei. O concelleiro nacionalista explicou que “non se entende o un sen o outro, e un elemento histórico e arquitectónico deste calibre non pode estar abandonado como está”. “O BNG,” explicou Magariños, “quere que este espazo sexa un referente da vida cultural, da artesanía local, da historia, queremos que sexa un espazo para o lecer, e potencialo como un referente turístico do concello, á altura do Pazo de Oca ou a Rapa de Sabucedo”.

Magariños explicou que “o BNG non está a pedir nada do outro mundo, de feito, todas estas emendas son promesas electorais que fixo o PP nas pasadas eleccións municipais, polo tanto o BNG entende que será total asumidas polo Alcalde e fará as xestións oportunas para que estas emendas pasen favorabelmente o trámite parlamentario”.

Advertisements