O BNG critica o acto de entrega das subvencións deportivas cun talón bancario


Xosé Magariños tamén se interesou no pleno ordinario de hoxe polo muro de contención de Figueiroa, polo plan de aforro enerxético do concello, e esixiu o arranxo da estrada que comunica Portela e o Souto de Vea

López entregnado un cheque

López entregnado un cheque

O BNG da Estrada levou ao pleno ordinario que se celebrou hoxe diversos asuntos de interese de todos os veciños e veciñas da Estrada.

A través do seu concelleiro, Xosé Magariños, os nacionalistas interesáronse polas xestións que supostamente está a facer o goberno municipal para arranxar o muro de contención de Figueiroa, que ameaza con virse abaixo, cos conseguintes danos persoais e materias se isto chegara a suceder. Neste sentido o Concelleiro do BNG interesouse pola data na que comezarán os traballos de afianzamento do muro.

Outra cuestión que suscitou o interese do nacionalista foi a plan de aforro enerxético levado a cabo polo goberno municipal, especialmente no rural, co retirada de diversos puntos de luz. Magariños interesouse polo custe, así como do aforro que este plan de aforro supón para as arcas municipais.

Noutra orde de cousas, Xosé Magariños tamén pregunto ao Alcalde polo acto de entrega dos talóns das subvencións deportivas a diversas entidades e clubes deportivos do concello. O nacionalista criticou este xeito de entregar as subvencións, xa que a lei indica que todo tipo de subvencións teñen que pagarse por transferencia bancaria, e non entregando un talón nun acto público, como aconteceu hai uns días, dando a impresión de estar facéndolle un favor ás asociacións e clubes, ao máis puro estilo caciquil, que recorda tempos pretéritos.

O concelleiro nacionalista, logo das reiteradas queixas dos veciños e veciñas do Val de Vea, esixiulle ao Alcalde o arranxo do firme da estrada Portela-Souto de Vea, que se atopan en moi mal estado. Recordoulle que sobre esta cuestión hai mocións aprobadas por unanimidade de todos os grupos con representación municipal, pedíndolle á Deputación de Pontevedra o arranxo da principal vía de comunicación desta zona da Estrada. Por outra parte, Xosé Magariños tamén lle recordou ao Alcalde que en idéntica situación se atopa a estrada Callobre-Ponteledesma, e que tamén “pide a gritos una arranxo inmediato”.

Advertisements