O BNG pide ao Alcalde da Estrada que a revista Miscelánea estea integramente en galego


As institucións públicas galegas teñen a obriga de potenciar o uso da nosa lingua en todos eidos, e a revista Miscelánea, na que se publican artigos en castelán, non pode ser unha excepción

Portada da revista Miscelánea

Portada da revista Miscelánea

O portavoz municipal do BNG, Xosé Magariños, pediu no pleno ordinario de xaneiro, que a revista Miscelánea, editada polo Museo do Pobo Estradense, estea integramente na nosa lingua.

Xosé Magariños subliño que “non só porque é a nosa lingua, senón porque un organismo público como é a Fundación, dependente do Concello da Estrada, está obrigado a potenciar o uso do galego en todos eidos, e esta revista, pagado con fondos públicos non pode ser a excepción”.

Sobre esta cuestión tamén se pronunciou Xosé Manuel Baños, representante do BNG no padroado da Fundación Cultura A Estrada, organismo que se reuniu onte xoves, e do que depende o Museo do Pobo Estradense.

O BNG trasladou este queixa ao pleno da corporación e ao padroado da Fundación logo das queixas recibidas por parte de varios veciños e veciñas da Estradas, que amosaron a súa disconformidade con esta revista editada polo concello e que contén artigos en castelán.

Advertisements