O BNG da Estrada renova o seu Consello Local


A candidatura, que se someteu a votación d@s militantes presentes con dereito a voto aprobouse co 95% de votos favorábeis, e sen ningún voto en contra. A responsabilidade orgánica máxima do BNG na Estrada recaerá no Responsábel Local, Xosé Manuel Baños García, veciño de Santo André de Vea, e a Viceresponsábel local, Maribel Ruíz Ferro, veciña de Couso

Logo da XIII Asemblea Local Ordinaria do BNG, os nacionalistas estrandeses renovaron o consello local e nomearon responsábel local da organización frontista na Estrada.

A este proceso local só se presentou unha candidatura encabezada por Xosé Manuel Baños, ao que lle seguen un total de 13 persoas máis, que debullamos a continuación.

1. Xosé Manuel Baños García (Responsábel Local) (Santo André de Vea)
2. Maribel Ruíz Ferro, (Viceresponsábel local)(Couso)
3. Xosé Magariños Maceiras, (Concelleiro) (A Estrada)
4. Raquel López Doce, (A Estrada)
5. Constantino Regueira Paz, (Guimarei)
6. Clara Iglesias Cortizo, (A Estrada)
7. Manuel Rendo Lema, (A Estrada)
8. Rosa Bugallo Vecino, (Cabanelas)
9. Francisco Outeiro Barcala, (Santa Cristina de Vea)
10. Manuel Reices Villar, (Couso)
11. Xoán Carlos Castro Blanco, (Guimarei)
12. Roberto Vilaméa Ponte, (Berres)
13. Francisco Basteiro Magariños, (Sabucedo)
14. David González Maceira, (Remesar)

A candidatura, que se someteu a votación d@s militantes presentes con dereito a voto aprobouse co 95% de votos favorábeis, e sen ningún voto en contra. A responsabilidade orgánica máxima do BNG na Estrada recaerá no Responsábel Local, Xosé Manuel Baños García, veciño de Santo André de Vea, e a Viceresponsábel local, Maribel Ruíz Ferro, veciña de Couso.

O seu responsábel local do BNG, Xosé Manuel Baños, destacou a importante renovación que se leva a cabo dentro do consello local, coa incorporación de persoas que nunca tiveran responsabilidades orgánicas como Clara Iglesias, Rosa Bugallo, Constantino Regueira, Francisco Basteiro e David González.

Xosé Manuel Baños García quixo subliñar que esta candidatura, a única que se presentou, foi elaborada polo propio consello local saínte, e na que se fixo unha importante labor de integración, sen impor condicións previas a ningún d@s militantes que quixeran dar o paso e formar parte do consello local para aportar o seu grao de area.

Neste sentido, o novo responsábel local, destacou que será tarefa prioritaria do novo Consello Local, fortalecer e asistir no traballo institucional que leva a cabo Xosé Magariños como único concelleiro do BNG, sen esquecermos o traballo social a pé de rúa, que nos próximos meses, e mesmo semanas, teremos retos importantes que afrontar con campañas activas de información sobre a repercusión da reforma laboral ou a prol da folga xeral convocada pola CIG para o 29 de marzo.

Advertisements