O primeiro ano de López como Alcalde resúmense en máis impostos, fume e despilfarro


“Se queremos ser un concello de primeira división, necesitamos un PXOM, non necesitamos un novo campo de fútbol”, afirmou Xosé Magariños.

Xosé Magariños e Maribel Ruíz

Xosé Magariños e Maribel Ruíz

Xosé Magariños e Maribel Ruíz[/caption]Xosé Magariños, portavoz municipal do BNG da Estrada, e Maribel Ruíz Ferro, Vicresponsábel local do BNG, compareceron hoxe venres perante os medios de comunicación para facer balance do primeiro ano de goberno do Partido Popular.

O concelleiro nacionalista non escatimou críticas ao goberno municipal de López, así afirmou que ”o primeiro ano de goberno do PP vai en consonancia á campaña electoral que fixo nas municipais: grandes proxectos sobre o papel e nas maquetas, pero nada máis, puro fume”. ”López é o alcalde dos grandes anuncios e da parafernalia mediática, pero sen concretar nada. Por exemplo, anuncia a mellora da estrada Portela-Souto de Vea, pero non teñen cartos para acometer esa obra; anuncian un proxecto de dinamización da Praza de Abastos, pero non saben se van a poder facelo polos condicionantes técnicos e económicos, etc que ten o proxecto”, afirmou o concelleiro do BNG.

Xosé Magariños di que “estes 12 meses de goberno do PP non poden ser máis nefastos para os veciños e veciñas da Estrada”; así, afirmou, “o PP de López eliminou a bonificación do IBI, e o PP de Rajoy incrementou o tipo impositivo do IBI, co cal este ano pagaremos o dobre que o ano pasado, e o vindeiro un 140% máis que en 2011”. E engadiu “estas son as “reformas” do Partido Popular: máis impostos, menos servizos, menos dereitos e despilfarro, construíndo campos de fútbol que non necesitamos ou dándolles cartos aos bancos.”

Por outra banda, Xosé Magariños tamén se referiu ao PXOM; afirmou que “un ano máis tarde o PXOM aínda non está aprobado, e é fundamental se queremos despegar economicamente, se queremos dotar o concello de servizos esenciais como un centro de día ou centro de saúde máis grande e mellor dotado.”

“Ademais,” engadiu o concelleiro do BNG, “precisamos dun PXOM que conte coa opinión dos veciños e veciñas, que o coñezan todos e todas os implicados; non é de recibo que o Alcalde estea un día tras outro falando de que ten un proxecto urbanístico para a Estrada e que ninguén o coñeza”.

“Se queremos ser un concello de primeira división, necesitamos un PXOM, non necesitamos un novo campo de fútbol”, afirmou Xosé Magariños.

“Mais tamén necesitamos solo industrial público, a Cidade do Móbel, a Variante, a autovía Santiago-A Estrada, un centro de día, … etc.”, explicou Magariños, “todas estas infraestruturas son promesas electorais de López e a día de hoxe ningunha delas será unha realidade a corto e medio prazo, e iso que ten gobernos amigos en Santiago e en Madrid”.

“E como guinda deste primeiro ano de Alcalde temos que sumar o desprezo a nosa lingua e a nosa cultura como nunca antes se viu no noso concello”, explicou o concelleiro nacionalista. “Xa non é só que deixen nunha silveira a Torre o Pazo de Guimarei, senón que temos que sumarlle a falta de apoio ao Correlingua, organizado polo comunidade educativa, senón que se negou a organizar un acto de homenaxe a Rosalía de Castro no 125 aniversario do seu nacemento”. “O PP da Estrada está preso de Galicia Bilingüe e doutras organizacións que desprezan a cultura galega”, explicou o concelleiro do BNG.

Advertisements