O alcalde non goberna, improvisa


Punto de luz do rural

Punto de luz do rural

Xosé Magariños, portavoz municipal do BNG, declarou esta mañá aos medios de comunicación que “López estase a comportar como se non levara doce meses de Alcalde, actuando como un recén chegado á política municipal”. O portavoz municipal fixo estas declaración a respecto do excesivo gasto eléctrico do concello.

“O alcalde fala agora de facer unha auditoría, cousa que había que facer antes de apagar os puntos de luz no rural”, explicou Xosé Magariños. “En aquel momento vendeulle aos veciños e veciñas da Estrada que se aforraría un 10% na factura eléctrica, mais, fica claro que o alcalde descoñecía daquela canto se pagaba, porque senón non se explica que agora diga que é un desastre, e que o custe eléctrico agora mesmo é inasumíbel”, afirma o concelleiro nacionalista.

“Xa dixemos en máis dunha ocasión que o alcalde non goberna, improvisa, e así nos vai”, explicou Xosé Magariños. “Semella que José López aínda non asumiu que ten responsabilidades de goberno, que xa non está na oposición”, afirmou Magariños.

“Estamos de acordo en que hai facer unha auditoría para saber como, canto e onde gastamos a electricidade, a cuestión é que isto había que facelo antes de eliminar os puntos de luz, unha eliminación que tivo un custe non menor para as arcas municipais”, afirmou o concelleiro do BNG.

“Hai que facer esa auditoría, de acordo cos veciños eliminar aqueles puntos de luz que non sexan necesarios, e logo, tamén, se hai que reducir o alumeado das festas”

“No seu momento o BNG pediulle ao alcalde un plan de aforro enerxético e un plan de eliminación de puntos de luz, e afirmamos daquela, que se isto non se facía así, non ía servir de nada, como agora estamos a comprobar”, engadiu o concelleiro do nacionalista.

“Hai que facer esa auditoría, de acordo cos veciños eliminar aqueles puntos de luz que non sexan necesarios, e logo, tamén, se hai que reducir o alumeado das festas, que vemos estes días polas rúas vila, pois tamén, porque o exceso gasto eléctrico non é exclusiva do rural, na vila tamén pasa”, indicou o portavoz municipal do BNG.

Advertisements