O PP subirá o recibo da auga a partires do 1 de xullo


Feijóo minte!

Feijóo minte!

Mañá 1 de xullo entra en vigor a Lei de Augas, logo de que o Consello da Xunta aprobara o seu regulamento. A Lei 9/2010, de 4 de novembro, foi aprobada polo PP no Parlamento Galego, contando co voto favorábel do agora alcalde da Estrada, José López. A este respecto Xosé Magariños, portavoz municipal do BNG, considera que “coa entrada en vigor desta lei, a partires do 1 de xullo pagaremos máis pola auga que consumimos, o que repercutirá moi negativamente nos petos dos veciños e veciñas”.

“Non é de recibo”, afirma o concelleiro nacionalista, “que mentres se lle incrementa os impostos aos veciños e veciñas, institucións como a igrexa non pagan un só céntimo polas propiedades que posúe, algo que conta co beneplácito do noso alcalde”

Segundo Magariños, “neste ano non só veremos como se incrementa de xeito importante o recibo da auga, tamén subirá o dobre o recibo da contribución, e é máis que probábel que o goberno de Mariano Rajoy tamén suba o IVE nas vindeiras semanas”.

“Estamos ante unha proba máis da nefasta política do PP: suba de impostos, recorte de dereitos e prestacións aos cidadáns, falta de previsión…; estamos ante gobernos incompetentes que están a tirar por terra as conquistas sociais que se acadaron nas últimas décadas”, engadiu o portavoz municipal do BNG.

“Non é de recibo”, afirma o concelleiro nacionalista, “que mentres se lle incrementa os impostos aos veciños e veciñas, institucións como a igrexa non pagan un só céntimo polas propiedades que posúe, algo que conta co beneplácito do noso alcalde”.

“No BNG barallamos que o incremento do recibo da auga oscilará entre o 121% ao 20% en función do número de persoas que vivan na casa e do consumo”, explicou Xosé Magariños, “un incremento notábel, tendo en conta, que é un suma en segue nas reiteradas subidas de impostos do PP, que gravan sempre aos que máis dificultades económicas teñen”.

A respecto da auga de traídas e pozos particulares Xosé Magariños explicou que “a Lei 9/2010 neste sentido non cambiou, pero o PP, froito da presión social, modificou sutilmente o regulamento para deixar fóra da aplicación deste imposto os usos domésticos que non dispoñan de aparellos de medida”. “Sen embargo, “ engadiu o concelleiro do BNG, “si pagarán os que dispoñan deste tipo de dispositivo, aínda que sexa para uso doméstico”.

Neste sentido Xosé Magariños afirmou que “quen fixo a lei fixo a trampa, o PP non modificou a lei, pero en calquera momento pode cambiar o regulamento e nese intre terán que pagar todos os veciños e veciñas que teñan traída e pozos particulares”.