Cacerolada-concentración contra os recortes e a subida de impostos do PP


Cacerolada-concentración contra os recortes e a subida de impostos do PP

Cacerolada-concentración contra os recortes e a subida de impostos do PP

Fagámonos oír! Este sábado, ás 12 horas, na Praza do Concello, o BNG da Estrada convoca a todos os veciños e veciñas da Estrada a unha cacerolada contra os recortes e a subida de impostos que vén de anunciar o goberno de Mariano Rajoy, e que previsibelmente se aproben mañá venres no Consello de Ministros.

En reiteradas ocasións o BNG ten manifestado que esta crise non a provocaron os traballadores, provocouna o sector financeiro, cuxa débeda supón o 40% da débeda externa do Estado Español. Sen embargo, son os traballadores e traballadoras, os pensionistas, os autónomos e autónomas os que pagan esta crise económica, e os que pagaremos o rescate do sector financeiro.

O Estado Español está intervido pola Troika europea, por moito que o negue o Partido Popular, e por moito que nos intente enganar con eufemismos. Por este motivo, porque esta non é unha crise, é unha estafa que pagaremos todos e todas, cómpre reaxir, cómpre saír á rúa e facernos oír o noso rexeitamento contra estes recortes e esta subida de impostos, que o único que buscan é empobrecernos a todos, a absolutamente todos, agás a aqueles que provocaron esta crise.

Advertisements