O BNG oponse á eliminación da oficina do rexistro da propiedade da Estrada


Xosé Magariños, portavoz municipal do BNG, vén de rexistrar unha moción contra a supresión por parte da Xunta de Galiza da oficina do rexistro da propiedade situada na Estrada.

O concelleiro do BNG considera que este é “golpe de graza do goberno do PP á poboación que vive fóra dos grandes núcleos urbanos da nosa nación pois trátase dunha medida que priva de servizos cos que viñan contando as persoas que viven en vilas como A Estrada, cun amplo amplo rural na que viven moitos veciños e veciñas”.

“Se nos quedamos sen a oficina do Rexistro demostrarase unha vez máis o nulo peso político do alcalde para defender os intereses do noso concello

“De suprimirse,” explicou o concelleiro nacionalista “os estradenses, que veñen realizando todas as xestións relacionadas con sucesións, transmisións, actos xurídicos documentados, societarios, etc., ademais da correspondente liquidación das taxas e xestións como as relacionadas coa interposición de recursos de reposición, comprobación de valores, notificacións ou requirimentos ás persoas interesadas, etc”.

“Se o PP non rectifica”, engadiu Xosé Magariños “as oficinas como a que temos na nosa vila, serán meros receptores de documentación, obrigando aos veciños e veciñas da Estrada a acudir a Vigo para realizar o resto dos trámites relacionados coa liquidación, ademais de perder o resto dos servizos que se lles viñan prestando”.

“Para o BNG”, afirmou o concelleiro do nacionalista, “isto é intolerábel, e de consumarse as intencións do goberno da Xunta, o nulo peso político do alcalde para defender os intereses da Estrada”. “Por este motivo,” explicou Xosé Magariños, “vimos de rexistrar unha moción para que os grupos municipais se pronuncien sobre esta cuestión, entre eles o Partido Popular, e pidan a Xunta de Galiza a revogación da súa determinación de suprimir as funcións de oficinas liquidadoras que se realizan a través dos Rexistro da Propiedade en vilas como a A Estrada”.

Descargas:
Moción contra a supresión da oficina do rexistro da propiedade

Advertisements