Os orzamentos do PP: 160 millóns para a igrexa e só 5.000 € para a Variante


O PP impórtalle máis o benestar da igrexa católica que o pobo da Estrada

Se non cambia a cousa, o goberno do PP de Mariano Rajoy adicará só 5.000 € á Variante da Estrada, unha cifra, que no seu día o BNG calificou de “burla” a todos os veciños e veciñas da Estrada.

Porén, o BNG volve a afondar neste asúnto logo de coñecerse tamén a cifra que o PP asigna á igrexa católica. Xosé Magariños explicou que non “é de recibo que se adiquen máis de 13 millóns de euros mensuais, 160 ao ano, para manter unha institución privada que non se caracteriza por defender todos os dereitos das persoas como é a igrexa católica, e só haxa 5.000 euros para a Variante da Estrada, unha obra de especial transcendencia para o noso concello”.

Explicou Magariños, portavoz municipal nacionalista, que “esta é unha mostra máis dos bos coidados que lle dispensa o PP á igrexa católica, no seu día rexeitaron a moción do BNG para que esta institución eclesiástica pagara tamén o IBI como calquera cidadán”.

“É hora de que se revise o acordo do Estado coa Santa Sede, como ten demando en reiteradas ocasións o BNG, para eliminar os privilexios desta institución”, explicou Xosé Magariños, “así teríamos máis ingresos e recadaríamos máis impostos que redundarían en beneficio de todos e todas, e tamén en beneficio da Estrada”, rematou dicindo o concelleiro do BNG.

Advertisements