O PP anuncia en campaña proxectos-fraude que quedarán en nada despois das eleccións


Xosé Magariños, portavoz municipal nacionalista e candidato ao Parlamento Galego, levou hoxe as propostas do BNG para as vindeiras eleccións galegas do 21 de outubro á parroquia de Vinseiro, acto que aproveito tamén para criticar a labor do goberno municipal, e en concreto do seu alcalde.

Para Xosé Magariños “a boa xestión do PP vese en proxectos fundamentais para o noso concello, como o PXOM que levan maís dun ano de goberno e ainda non sabemos nada, ou a cidade do moble, que cando fan un anuncio de algo é para anunciar fume; no único que se deron presa foi en querer construir un campo de futbol e, no que é maís importante, subirlle os impostos aos veciños ”.

“votar Feijóo é votar os recortes de Rajoy, e para facerlles frente, nada mellor que unha forza nacionalista como o BNG”

O concelleiro do BNG afirmou que “o PP está desesperado, ve que se lle escapan as eleccións, e non dubidan en presentar todo tipo de intencións e obras para logo quedar en nada”. E engadiu “os estradenses xa coñecen de sobra as estratexias do PP: prometer para logo non facer nada”.

Por outra parte, Xosé Magariños explicou que o programa do BNG quere “poñer Galiza a producir; non é de recibo, que sexamos unha potencia leiteira e nos veña leite de fóra, máis barato, de peor calidade, afundindo as nosas explotacións agrarias; non é de recibo que durante o goberno de Feijóo, Galiza deixara de ser potencia pesqueira, para cederlle o posto a Dinamarca”.

O concelleiro e candidato do BNG, Xosé Magariños “ insistiu en que “o BNG presenta un programa centrado no país e na defensa dos sectores produtivos”. E engadiu “votar Feijóo é votar os recortes de Rajoy, e para facerlles frente, nada mellor que unha forza nacionalista como o BNG”.

Advertisements