O PXOM superou as mil descargas desde a nosa web


PLANOS-PXOM

Unha semana despois de que o BNG decidira colgar na súa páxina web o Plan Xeral do PP, temos que informar que os distintos documentos do PXOM superaron a día de hoxe a cifra de mil descargas, tendo, ao mesmo tempo, unha repercusión nada despreciábel nas redes sociais (facebook e twitter), onde o BNG tamén ten presenza. Os documentos máis descargados foron os planos do rural e da vila, que acaparan a práctica totalidade do número de descargas.

Por outra parte, rexistramos no noso correo correo electrónico preto de 10 consultas referidas á tramitación do PXOM e máis concretamente queixas polo falta de solo edificábel no rural e polos cambios substanciais a respecto do último plan xeral exposto ao público en 2010.

Para o BNG esta experiencia demostra o interese que teñen os veciños e veciñas da Estrada polo Plan Xeral, e demostra tamén o malestar dos estradense polo tramitación tan particular que está a levar o PP e o Alcalde, furtando aos veciños calquera posibilidade de emenda a este documento urbanístico. Un interese e malestar que seguramente explica que nos últimos días o concello se decidira tamén a colgar na súa páxina o PXOM.

Di o refrán que as présas nunca foron boas, e desde o BNG recomendámoslle ao Alcalde que reflexione e na próxima comisión de urbanismo no canto darlle carpetazo ao PXOM, aproben a exposición pública, que é o que está a demandar moitos veciños e veciñas da Estrada.

Advertisements