O BNG urxe unha solución ao problema de seguridade vial do colexio do Souto de Vea


“Se non chega a ser polo BNG, que denunciou no mes de decembro a parálise do goberno municipal sobre esta cuestión en concreto, a seguridade vial do colexio do Souto de Vea seguiría a durmir o soño dos xustos”

imaxe

Nen@s subindo ao autobús. Foto: Faro de Vigo

O BNG da Estrada, a través do seu portavoz municipal, Xosé Magariños, vén de rexistrar unha moción na que urxe o estudo e adopción da mellor solución aos problemas de seguridade vial do colexio Manuel Villar Paramá do Souto de Vea.

“Coido,” explicou o concelleiro do BNG, “que xa vai sendo hora de que o Alcalde deixe de facer declaracións na prensa e se poña mans á obra para arranxar este problema”. “E quero recordarlle ao Sr. López,” engadiu Magariños, “que se non chega a ser polo BNG, que denunciou no mes de decembro a parálise do goberno municipal sobre esta cuestión en concreto, a seguridade vial do colexio do Souto de Vea seguiría a durmir o soño dos xustos”.

“Polo tanto, con esta moción”, explicou o concelleiro nacionalista, “non só queremos que este problema se arranxe canto antes, senón que o BNG, e todos os grupos, debemos ser partícipes da solución, que non é doada, como ben puiden comprobar nunha visita que fixen ao colexio o domingo pasado.” “Do mesmo xeito, “engadiu Xosé Magariños, “e como xa temos requirido noutras ocasións, tamén se debe ter en conta a opinión da comunidade educativa do centro para atopar a mellor solución ao problema da seguridade vial que ten o colexio”.

Advertisements