As políticas do PP condenan as mulleres á marxinación e á dependencia


O BNG rexistra unha moción co gallo do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, nos que esixe a igualdade plena de dereitos de mulleres e homes

O BNG vén de rexistrar unha moción co gallo do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres. Con esta iniciativa, os nacionalistas esixen o cese inmediato das políticas do PP que condenan ás mulleres á marxinación e á dependencia, e que supoñen un retroceso en canto á incorporación á vida política e social, relegándoas a un traballo no ámbito privado e á realización de labores domésticos, como a atención a persoas dependentes, traballo que debería ser asumido polos poderes públicos e que non se realiza pola supresión da cobertura social, derivada da moratoria da Lei da Dependencia.

Por outra Novo8marzoBNGfotosPerfilBannersparte, o BNG esixe o recoñecemento dos dereitos das mulleres, en todos os seus aspectos, onde a administración pública xoga un papel crucial neste eido. Uns dereitos que van desde a igualdade de salario para idéntico traballo até o mesmo premio para unha muller e un home nunha competición deportiva, como denunciou no seu día o BNG, a respecto do I Memorial Manuel Bergueiro organizado polo concello da Estrada.

O BNG é consciente das conquistas acadadas nos últimos anos en canto ao recoñecemento dos dereitos das mulleres en todos os ámbitos, mais, como vimos, queda moito camiño por andar de cara a superar as desigualdades creadas en torno ao xénero e a crítica situación que viven as mulleres en Galiza arredor de diferentes aspectos: dificultade no dificultade no acceso a postos de relevancia en empresas e institucións, diferenzas salariais, marxinación, agravamento da violencia machista, etc. Unhas diferenzas xurdidas, non por incapacidade das mulleres nin por descoñecemento social, senón por unha clara desvantaxe nas oportunidades e un intencionado tratamento discriminatorio por parte dos poderes públicos e privados. Neste senso, denunciamos a volta ao ámbito familiar nos últimos tempos ás mulleres, resultado das políticas neoliberais que veñen practicando os diferentes gobernos a nivel galego e estatal.

Neste sentido, cómpre a implicación de todos os ámbitos, desde o público até o privado, para rematar dunha vez por todas coa discriminación por cuestión de xénero, así como intensificar as medidas preventivas e de condena da violencia machista, así como da súa apoloxía, como vimos estes días coas declaracións do deputado de UpyD, Toni Cantó, nas que minimizaba e mesmo ridiculizaba os datos da violencia machista.