O BNG contra o copagamento de medicamentos das persoas doentes crónicas non hospitalizadas


Presenta moción no concello para que o PP elimine a súa decisión e que a Xunta de Galiza non a aplique no noso país

MedicamentosXosé Magariños, portavoz municipal do BNG no concello da Estrada presentou hoxe unha moción diante do pleno da corporación municipal para “instar á Xunta de Galiza a que demande do goberno do Estado a derrogación da resolución que obriga ao copagamento das medicinas ás persoas doentes crónicas non hospitalizadas, e a que non aplique no noso país esta regresiva medida”.

O portavoz municipal nacionalista manifestou ademais que “estas persoas terían que pagar o 10% até os 4,20 euros de cada medicamento dos usados para enfermidades como cancro, tumores, leucemia, hepatite C, artrite reumatoide ou dexeneración muscular.” Engadiu que “esta medida do PP resulta indigna, inhumana e inxusta, que retrata a un goberno que actúa contra a xente e favorece as grandes fortunas, á banca e ao poder económico.”

Finalmente, o concelleiro do BNG, dixo que “esta medida vén sumarse aos distintos roubos para facer caixa que se executan contra a xente máis desfavorecida, onde engrosan as persoas que adquiriron preferentes e subordinadas, as emigrantes retornadas, pensionistas, funcionarias e, en xeral, a clase traballadora para engordar a banca e o poder”.

Advertisements