Xosé Magariños esixe unha comisión de investigación pola contratación dos móbeis do concello


A nosa industrial local do móbel ten capacidade abondo para acometer este contrato que o PP deu a unha empresa de Culleredo

O concelleiro do BNG, Xosé Magariños, esixe ao goberno do Partido Popular toda a documentación relativa á compra das mesas de oficina do concello, así como a creación dunha comisión de investigación que aclare o sucedido.

Segundo o concelleiro do BNG, “calquera que teña un mínimo de coñecemento da industrial do móbel sabe perfectamente que hoxe por hoxe moitas empresas locais traballan con metal, madeira e calquera tipo de material, polo que poderían perfectamente construír os mobles do concello que custaron máis de 70.000 euros e que por decisión do goberno local foron a parar a unha empresa de Culleredo”. “Aquí hai tomate!”, explicou Magariños.

“Non é certo, que o PP estea a apoiar a industria do móbel”, afirmou co concelleiro do BNG, “se así fora a estas alturas a Cidade do Móbel estaría construída e a Fundación do Móbel, recibiría maior apoio económico que do que recibiu este ano, cuxa subvención recortouse máis do 50% por decisión do goberno galego en mans do PP”.

“Por outra parte”, engadiu o concelleiro nacionalista “estamos a ver día a día como se recortan servizos e como se soben impostos e o alcalde adica os nosos recursos económicos a actualizar o deseño do seu despacho e o do tenente alcalde”.

“Mais isto non é o máis lamentábel”, explicou Xosé Magariños, “ o peor é que unha parte deses móbeis serán para un departamento de recadación, un departamento que non terá funcións desde que o xoves pasado o goberno do PP decidira ceder esta competencia ao ORAL; un esperpento e un novo despilfarro do PP!”.

Advertisements