A Deputación de Pontevedra ocupa un camiño e un vial público para instalar a depuradora de Figueiroa de Abaixo


figueiroadeabaixo1A Deputación de Pontevedra vén de rematar as obras do saneamento de Figueiroa de Abaixo, pero está a suscitar moita polémica entre as veciñas e veciños da parroquia. Segundo denunciou hoxe o concelleiro do BNG, Xosé Magariños, “o ente provincial ocupou un camiño rural público e parte dun vial asfaltado, que comunica a parroquia, para instalar a depuradora do saneamento de Figueiroa de Abaixo”.

“Foron os propios veciños os que se puxeron en contacto co BNG para denunciar estes feitos, que agora trasladamos á opinión pública, uns feitos que nós consideramos gravísimos, xa que foron perpetrados por un ente público, a Deputación, e co consentimento do concello, unhas institucións que deben velar polas bens que son públicos, neste caso un camiño e un vial que utilizan a diario os veciños e veciñas de Figueiroa de Abaixo”, explicou o concelleiro nacionalista.

figueiroadeabaixo2Xosé Magariños considera que “o que fixo a Deputación é unha irresponsabilidade, xa que ocupa un vial público, que pode provocar algún que outro percance nunha estrada tan estreita como esta.” “Pero esta nova chapuza do ente provincial conta cun cómplice necesario, o alcalde, cuxa actitude submisa coa Deputación permitiu a ocupación deste camiño e do vial público para satisfacer quen sabe que intereses políticos do Sr. López”, afirmou o concelleiro do BNG.

O concelleiro nacionalista, Xosé Magariños, explicou que “interpelaremos ao alcalde no próximo pleno para, non só aclarar esta anómala situación, onde unha institución pública ocupa un camiño público, senón para ver que solución se lle dá á depuradora para afastala do vial asfaltado e desocupar o camiño público”.

Advertisements