No rural da Estrada amoréase o lixo


Xosé Magariños denuncia que estación situación de amoreamento do lixo no rural é consecuencia da cesión á Deputación de Pontevedra e da privatización do servizo de recollida

lixo a estrada

O BNG da Estrada está a recibir queixas dos veciños e veciñas do rural estradense polo deficiente servizo de recollida de lixo. Xosé Magariños, o portavoz municipal do Bloque, afirmou denunciou hoxe nos medios de comunicación local que “o PP privatizou a recollida do lixo e agora pagamos as consecuencias, peor servizo e o lixo amoreado nos contedores durante días”.

O concelleiro do BNG, Xosé Magariños, afirmou que “isto víase vir, e xa o denunciamos cando o alcalde defendía as bondades da privatización e da cesión da recollida do lixo a unha empresa controlada polo seu amigo Louzán, presidente da Deputación e Pontevedra”. “Mais”, engadiu o concelleiro nacionalista, “como xa afirmamos no seu día, o peor está por chegar, xa que ao pésimo servizo de recollida, haberá que engadir tarde ou cedo o incremento do recibo do lixo, por moito que López empeñe a súa palabra en afirmar o contrario”. ”A estas alturas”, engadiu Magariños, “os estradenses xa saben o que vale a palabra do alcalde”.

Xosé Magariños afirmou que “esta situación de amoreamento do lixo é insalubre, pídolle ao alcalde que tome medidas para arranxar esta situación, non pode ser que esteamos ás portas do verán e os veciños e veciñas do rural teñan o lixo amoreado días e días, cos problemas de saúde pública que esta situación trae consigo”. “Por non falar”, engadiu o concelleiro do BNG, “da pésima imaxe que dá o concello co lixo sen recoller”.