O BNG organiza este xoves o seu acto público central das Europeas na Estrada


loresO BNG da Estrada organiza este xoves 22, ás 9 da tarde, o acto público central da campaña das Europeas. Neste acto contará coa presenza do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, cuxa cidade recibiu numerosos premios polo cambio cualitativo que experimentou desde que a goberna o BNG, hai xa máis de 15 anos.

No acto público e aberto, que se celebrará na Sala Gradín da Estrada, contará tamén coas intervención do portavoz municipal, Xosé Magariños, e da concelleira de Dozón, Mar Vila., que darán un enfoque local e comarcal respectivamente nas súas intervencións.

Con este acto, que se celebra o penúltimo día de campaña electoral, o BNG practicamente porá fin a uns quince días de intensa actividade polo rural e e vila, onde militantes e simpatizantes levaron porta por porta as propostas do BNG e na que trasladaron a necesidade de que Galiza conte con presenza, máis unha vez, no Parlamento Europeo, na man de Ana Miranda.

Advertisements