PXOM: A Estrada respira aliviada, pero o alcalde non pode dicir o mesmo


imaxeO portavoz municipal do BNG, Xosé Magariños, afirmou esta mañá aos medios de comunicación local que a “o levantamento da suspensión do PXOM é unha boa noticia para A Estrada e para os veciños e veciñas da Estrada, que vían con incerteza e desacougo como moitos dos seus proxectos terían que ser adiados unha vez máis”. “Como afirmamos hai mes e medio, cando se coñeceu a suspensión cautelar decretada polo TSXG”, engadiu o o concelleiro nacionalista, “de confirmarse tería fatais consecuencias económicas e sociais para o concello”.

“Por outra parte,” afirmou o concelleiro do BNG “o alcalde pode sentirse feliz, pero non tranquilo, porque a sombra alargada da dubidosa tramitación do PXOM aínda o perseguirá xudicialmente durante un tempo pola denuncia que lle ten presentado secretario do concello contra el e contra parte do goberno precisamente pola tramitación do Plan”.

“Con todo”, explicou Magariños, “no coñecemos aínda a resolución da sentenza que levanta a suspensión e de momento non podemos facer unha valoración máis polo miúdo sobre este asunto”. “O luns”, engadiu o concelleiro nacionalista, “reunirase o Consello Local do BNG e reservamos para días posteriores un pronunciamento máis exhaustivo sobre este asunto”.

Advertisements