A Unión Europea e Estados Unidos son cómplices do xenocidio do pobo de Palestina


palestinaDesde hai uns días asistimos horrorizados e espantados ao xenocidio, porque non se pode chamar doutro xeito, que está a perpetrar Israel contra o pobo palestino, concretamente contra a franxa de Gaza, un territorio pouco máis grande que o noso concello, pero onde viven preto de millón e medio de persoas.

Fronte a este horror, denunciamos a pasividade do que se vén en chamar a “comunidade internacional”, e concretamente da Unión Europea e de Estados Unidos que se manteñen pasivos fronte o asasinato de máis de 600 persoas, que xa foron calificados pola ONU como crimes de Guerra de Israel.

O silencio cómplice e a pasividade da Unión Europea só se explica polos intereses comerciais, políticos e xeoestratéxicos que teñen na zona, e prefiren ver asasinato de centos de persoas inocentes a perder as súas oportunidades de negocio, fronte a un pobo, o Palestino, que quere gobernarse por si propio e dispoñer das súas riquezas para beneficio do seu pobo.

Por todo isto, vimos de presentar unha moción onde condenamos o ataque criminal perpetrado polo Estado de Israel contra a Faixa de Gaza, reclamando o cese inmediato dos ataques e bombardeos de Israel contra o pobo palestino. Esiximos tamén o derrube do muro da vergoña, que ao longo do case 700 kilómetros bloquea e mantén nun gueto a miles de palestinos. Esiximos tamén que o concello da Estrada se sume ao ao boicot comercial, diplomático e cultural contra o estado de Israel, como medida de presión para que cese o xenocidio que está a perpetrar. E esiximos que o Estado Español abandone tamén a súa actitude pasiva diante deste conflito e esixa a Israel o cumprimento do dereito internacional e das resolucións que aprobaron as Nacións Unidas desde 1948, de reparto territorial, así como a resolución 194 que obriga a Israel a asumir o dereito de retorno da poboación palestina a súa terra.

Malia a distancia física que nos separa de Palestina, nós os nacionalista galegos asumimos como propias as lexítimas reivindicacións do pobo palestino e xa sabemos que as demais forzas non as comparten, pero humanamente non se pode permanecer calado fronte ao xenocidio dun pobo, e neste sentido agardamos que as demais forza políticas con representación no concello apoien esta moción.

Advertisements