Aguas fecais asolagan baixos e portais na avenida de Santiago


O concelleiro nacionalista esixe unha solución a este problema de saúde pública que afecta a veciños e veciñas da Estrada, así como aos nenos e nenas que acoden a diario ao colexio público de Figueiroa e á escola infantil

IMG-20140729-WA0012

O concelleiro do BNG, Xosé Magariños, denuncia que o alcalde fai caso omiso ás demandas dos veciños e veciñas do final da avenida de Santiago que teñen un grave problema coas augas fecais.

Segundo explicou o concelleiro nacionalista, “no mes de febreiro o alcalde recibiu a varios veciños desta rúa, que demandaban unha solución ao desbordamento das aguas fecais á altura do 116 de Avda. De Santiago, fronte ao colexio público de Figueiroa, que se producía pola intensidade das choivas que se rexistraban naquela altura”. “Este desbordamento”, explicou Magariños, “ten como consecuencia o asolagamento dos portais e baixos do edificio que se atopa a esta altura, así como o desbordamento todo tipo de lixo e malos olores, co conseguinte problema de salubridade pública que teñen este tipo de verquidos”.

“Parece ser que o alcalde quedou en darlles unha solución”, explicou o concelleiro do BNG, “mais meses máis tarde cada vez que chove os veciños veciñas volven ter o mesmo problema, que, se tivéramos en conta as palabras do alcalde, xa debería estar solucionado, mais non é así”.

“Temos que recordar que este desbordamento de augas fecais”, engadiu o concelleiro nacionalista “ prodúcese xusto diante dun paso de peóns, que utilizan a diario os veciños e veciñas do final da avenida de Santiago, mais tamén os centos de nenos e nenas que a diario van ao colexio público de Figueiroa e a escola infantil, situada moi preto”.

“Eu non sei se o alcalde este que temos é un inconsciente ou un irresponsábel que non sabe o que se trae entre mans”, explicou Magariños, “pero quedou cos veciños e veciñas en que solucionaría este problema de saúde pública nun mes, pero está próximo o inverno e non hai traza de que se lle dea unha solución antes das próximas choivas”.

“Este é un problema de saúde pública que debe resolverse xa”, explicou o concelleiro do BNG, “e esiximos ao alcalde que lle dea unha solución, atendendo así as demandas dos veciños e veciñas da avenida de Santiago”.

Advertisements