Unha estación de bombeo da depuradora da Estrada verte auga contaminada e lixo ao río Liñares


Mentres o concello gasta en fastos, os nosos ríos baixan contaminados

O concelleiro do BNG, Xosé Magariños, denunciou hoxe que unha estación de bombeo da depuradora do concello verte auga contaminada e todo tipo de lixo ao río Liñares á altura da praia fluvial. “Este é o panorama dos nosos ríos, mentres o concello gasta en fastos, campos de fútbol e demais parafernalia, estes baixan contaminados”, afirmou o concelleiro nacionalista.

Xosé Magariños explicou que “moito nos tememos que o que pasa á altura da praia fluvial de Liñares non é un caso excepcional, senón a norma de todas as nosas estacións de bombeo, e por extensión das nosas depuradoras, que non dan a basto como xa temos denunciado no seu día”. “Mais”, engadiu, “non son só as depuradoras, tamén a rede de sumidoiros teñen problemas, e xa é publicamente coñecido os problemas que teñen os veciños e veciñas do final da Avenida de Santiago, que cada vez que hai fortes choivas, sae todo tipo de desperdicios diante mesmo do colexio de Figueiroa, ou á altura da discoteca Lennon”.

O concelleiro nacionalista explicou que “o concello fai oídos xordos non só ás denuncias do BNG sobre este particular, senón que pasa olimpicamente dos veciños e veciñas da Avenida de Santiago, aos que lles dixo no mes de xaneiro que este tema ía arranxalo el, pero a estas alturas do ano nada de nada”.
“Xa o dixemos en máis dunha ocasión”, explicou o concelleiro do BNG, “que un bo alcalde non é aquel que trae a Panorama ou a volta ciclista, un bo alcalde é aquel que se preocupa e resolve os problemas dos veciños e das veciñas”. “López,” engadiu Magariños, “presentouse ás eleccións cun programa de ciencia