A Estrada merece un subministro de auga decente e sen cortes


O que está acontecendo é unha grave improvisación, é unha chapuza, que os veciños e veciñas non temos porqué sufrir

corte-auga

O concelleiro do BNG, Xosé Magariños, o apartado de rogos e preguntas do pleno celebrado hoxe para interpelar ao alcalde da Estrada sobre os continuos cortes de auga na vila. “Un corte programado por unha obra enténdeo calquera veciña ou veciño, pero os reiterados fallos no subministro que estamos a padecer denota que algo está a facer mal o goberno municipal”, afirmou o Magariños.

“O que está acontecendo é unha grave improvisación,” engadiu o concelleiro nacionalista, “é unha chapuza, que os veciños e veciñas non temos porqué sufrir, porque non só pagamos por ter un servizo decente, senón que a auga é imprescindíbel para a vida e para vivir dignamente”. “Xa sabemos que ao PP o da dignidade das persoas dálles exactamente igual”, espetoulle Magariños, “pero a nós non”.

O concelleiro nacionalista preguntoulle ao alcalde que medidas está a tomar o goberno para arranxar os continuos cortes do subministro de auga e esixiulle ao alcalde “que deixe de improvisar e tome cartas no asunto e solucionen xa esta desfeita”.

Advertisements