O Pleno aproba por unanimidade a Tarifa Eléctrica Galega


Non pode ser que os galegos e galegas paguemos pola electricidade o mesmo prezo que en Madrid, que non produce nin unha chispa de luz

Traballadores de Alcoa esixe unha Tarifa Eléctrica Galega para salvar os seus postos de traballo

Traballadores de Alcoa esixe unha Tarifa Eléctrica Galega para salvar os seus postos de traballo

Magariños explicou que “e a pesar de que a xeración eléctrica leva aparellados uns moi importantes custos sociais e medioambientais, Galiza non tirou proveito desta actividade económica. Ao contrario, ao estar sometida a un marco regulatorio e tarifario común en todo o Estado español, ás decisións adoptadas polas empresas eléctricas que actúan en réxime de oligopolio a través dos seus centros de decisión afastados de Galiza, nunca recibiu vantaxes do aproveitamento dos seus recursos, mesmo sofre en amplas zonas do país unha deficiente calidade da subministración eléctrica.”

“Esta política enerxética de corte centralista”, engadiu Magariños, “trae consigo peches de empresas, como a que ameaza a Alcoa na Coruña, e a que os galegos e galegas paguemos pola electricidade o mesmo prezo que en Madrid, que non produce nin unha chispa de luz, engordando as contas de resultados das grandes empresas eléctricas, asentadas tamén na capital do Estado”.

“Por iso”, explicou o concelleiro nacionalista “esiximos con esta moción a Xunta de Galiza a demandar do Goberno Español a creación dunha Tarifa Eléctrica Galega que, atendendo á condición de Galiza como excedentaria na produción de electricidade, rebaixe as peaxes das tarifas nun 30%, tanto para o consumo doméstico como para as empresas.”

Finalmente a moción do BNG foi aprobada por unanimidade de todos os grupos con representación no concello.

Apoio aos emigrantes retornados

Noutra orde cousas o concelleiro do BNG, Xosé Magariños, tamén defendeu dúas mocións. A primeira en apoio aos emigrantes retornados para entre outras medidas, “se proceda á modificación lexislativa para fixar un mesmo réxime do IRPF para as rendas procedentes de pensións, con independencia de se estas proceden dun estado ou de varios estados; para o recoñecemento de oficio das pensións de invalidez, recoñecidas nos países de procedencia coa finalidade de acreditar a exención na tributación destas pensións”. Esta segunda moción tamén foi aprobada por unanimidade.