A austeriade é para os veciños e veciñas, pero non para o PP da Estrada


Magariños afirmou que o que o PP non fixo en 4 anos vai facelo en tres meses

IMG-20150204-WA0000O concelleiro do BNG, Xosé Magariños afirmou hoxe aos medios de comunicación local que “o PP predica coa austeridade e aplica políticas de recortes e de subidas de impostos aos veciños desde as distintas institucións que goberna, pero iso non vai con eles, visto o despregue de medios do que acaba de facer gala o PP da Estrada co reparto en todo o concello dun boletín informativo sobre os seus milagres dos últimos meses”.

“Non é a primeira vez que o PP fai isto na Estrada”, engadiu Magariños, “mais os veciños e veciñas tomarán boa nota, porque non está os tempos para ostentacións por parte dos partidos políticos e menos por parte dun partido político salpicado con continuos casos de corrupción como é o PP”.

“Por outra parte”, explicou o concelleiro nacionalista, “non sei como ao alcalde non lle cae a cara de vergonza presumir de empregar as institucións de xeito partidista, cando dos anos que estivo na oposición non moveu un dedo na Deputación para que esta fixera obras demandadas polos veciños e veciñas”. “Ao contrario”, afirmou, “dedicouse a torpedear e a poñer paus nas rodas para que estas non se puideran facer”.

“Mais o que xa é o colmo é que o alcalde está a retrasar deliberadamente obras para facer coincidir a inauguración nas vésperas da campaña electoral”, afirmou o concelleiro do BNG, “como por exemplo a praza de abastos, feita con retraso e prexudicando seriamente aos veciños da zona e aos praceiros e praceiras que están a utilizar unha instalación provisional, co prexuízo que iso lles ocasiona”.

“O que non fixeron en catro anos van facelo agora en tres meses”, afirmou Magariños, “outra cousa é que as obras vaian ben feitas, porque xa se sabe que as presas non son boas”. “De todos os xeitos”, engadiu o concelleiro nacionalista “os veciños e veciñas da Estrada xa coñecen de sobra as manobras do PP e acabará pasándolle factura”.

Advertisements