O BNG-Asembleas Abertas aproba a candidatura completa


É unha candidatura implicada socialmente, que quere que na corporación municipal haxa unha organización claramente galega, asentada no país e sen ataduras a Madrid

Candidatura BNG-Asembleas Abertas2015

O BNG-Asembleas Abertas vén de aprobar a candidatura completa ás eleccións municipais do 24 de maio. A candidatura, que se aprobou por unanimidade na asemblea convocada a pasada semana, tamén foi ratificada o pasado sábado polo Consello Nacional do BNG, máximo órgano de dirección da organización nacionalista entre asembleas.

O cabeza de lista, Xosé Magariños destaca “que é unha candidatura con ampla experiencia no traballo social, cultural e no sindicalismo nacionalista no noso concello; en resumo, unha candidatura implicada coa Estrada e co pobo galego ”.

“Responde ao mandato da primeira asemblea aberta celebrada no mes de outubro do ano pasado”, engadiu Magariños, “onde puxemos o énfase en incorporar persoas non militantes do BNG -cousa que sempre fixemos-, pero con persoas cun perfil nacionalista e de persoas que queren que na corporación municipal haxa unha organización galega, asentada no país, sen ataduras a Madrid, que teña como prioridade defensa da nosa cultura, da nosa lingua e do noso patrimonio, así como a creación de emprego e mellorar o benestar social das veciñas e veciños da Estrada”.

“Por outra parte”, afirmou Magariños, “presentamos unha lista parcialmente renovada; das 24 persoas, 13 non foran na última candidatura de 2011 e 8 preséntanse por primeira vez nunha lista do BNG o que demostra que no campo do nacionalismo hai banquillo abondo e hai renovación”.

A seguir detallamos os nomes e apelidos das persoas que compoñen a lista do BNG-Asembleas Abertas:

  1. Xosé Magariños Maceiras,
    natural da Estrada, actual concelleiro do BNG, profesor de procesos e produtos da madeira no Antón Losada da Estrada.
  2. Susana Camba Castro,
    natural da Estrada, licenciada en historia, traballa no 112 e é delegada sindical da CIG.
  3. Constantino Regueira Paz,
    de Guimarei, foi mestre en Figueiroa, representante de Queremos Galego.
  4. María Blanco Corral,
    natural da Estrada, mestra no colexio público de Figueiroa.
  5. Víctor Pousada López,
    natural de Matalobos, traballa na distribución alimentaria, é delegado sindical da CIG e membro do comité de empresa.
  6. Ana Rodríguez Pereira,
    é de Arca, funcionaria da Seguridade Social, socia fundadora de Cooperativa Monte Cabalar e forma parte do seu consello reitor, foi portavoz da plataforma de emigrantes retornados.
  7. Luís Rendo Rial,
    é de Orazo, técnico mantemento do clínico de Santiago, moi implicado nos movementos sociais, educativos e culturais da parroquia.
  8. María Dolores Reimóndez Reimóndez,
    de San Miguel de Castro, é graduado social, traballa na sanidade privada.
  9. Xosé Manuel Nogueira Rodríguez,
    natural de Remesar vive en Figueiroa, é profesor, e forma parte da directiva da asociación Tamparrantán de Santo André de Vea.
  10. Purificación Torres Tato,
    é de Frades, traballa no 112.
  11. José Manuel Iglesias Villar (Zipi),
    é de Rubín, traballa no sector da madeira, é membro do comité de empresa de María Martínez.
  12. María Xesús Balo Becerra,
    vive na Estrada, é sindicalista da CIG.
  13. Francisco Vidal García (Pancho),
    é de Curantes, traballa como profesor.
  14. María Nieves García Pérez,
    é de Guimarei.
  15. Xosé Manuel Baños García,
    é de Santo André de Vea, responsábel local do BNG.
  16. Xosefina Pereira Rivas,
    da Estrada, é mestra.
  17. Antón Álvarez Merayo,
    vive na Estrada, é secretario local da CIG da Estrada.
  18. María Xosé Vizoso Saborido,
    é da Estrada, enfermeira no ambulatorio da Estrada.
  19. Xoán Carlos Castro Blanco,
    é de Guimarei, traballa en telefónica, concelleiro do BNG na anterior lexislatura.
  20. Isabel Ruíz Ferro,
    é de Couso, xubilada da banca, concelleira do BNG na anterior lexislatura.
  21. Raquel López Doce,
    é da Estrada, é traballadora social do concello de Pontecesures, concelleira do BNG na anterior lexislatura.

Suplentes

  1. José Neira Barros
  2. Montse López Doce
  3. Manuel Anxo Rendo Lema

 

Advertisements