Xosé Magariños propón a posta en funcionamento do centro ictioxénico do Ulla para que A Estrada sexa un verdadeiro referente do salmón


O BNG-Asembleas Abertas da Estrada denuncia o abandono do recinto desde que o inaugurou Manuel Fraga en 2005

IMG-20150512-WA0013

A candidatura do BNG-Asembleas Abertas da Estrada realizou hoxe unha acto de denuncia polo abandono do centro ictioxénico do Ulla en Vilacriste, construído en 2005 pola Xunta de Manuel Fraga e tivo un custe de 600.000 euros.

O candidato á alcaldía, Xosé Magariños, afirmou que “o alcalde desentendeuse completamente deste recinto, a pesar de que en 2010, cando era deputado no Parlamento Galego, presentou unha iniciativa para a posta en funcionamento do centro ictioxénico”. “Evidentemente nunca chegou a funcionar”, engadiu o candidato nacionalista, “e o que debía servir para repoboar os nosos ríos de salmón e troita, o único que medra alí desde a súa inauguración en 2005 son silvas e toxos”.

A candidatura do BNG-Asembleas Abertas da Estrada colgou na cartaz que anuncia a obra a iniciativa que presentara en 2010 o daquela deputado José López Campos, “para que fique claro as promesas de López teñen o mesmo valor no Parlamento, no concello ou penduradas nun aramio no medio de ningún sitio”, afirmou o número un da candidatura.

O actual concelleiro do BNG explicou que “é lamentábel que un concello que presume ser un referente de todo o relacionado co salmón, teña un centro deste tipo completamente abandonado, imprescindíbel para recuperar a pesca do salmón no Ulla.”

IMG-20150512-WA0014Pola nosa parte”, engadiu Magariños, “temos claro que poñeremos a andar o centro ictioxénico para que en poucos anos o noso concello sexa un verdadeiro referente en todo o relacionado coa pesca do salmón e mesmo a investigación, o que pode ser tamén un revulsivo para o sector turístico da Estrada, e para a creación de emprego no sector”. “E por suposto,” afirmou o candidato de BNG-Asembleas Abertas, “a posta en funcionamento deste centro farase tendo en conta a opinión das sociedades de pesca da localidade, que a fin de contas, son que coñecen mellor as necesidades dos nosos ríos”.

Advertisements