Sobre as asignacións a grupos


maga-pleno2

A respecto da noticia sobre o sucedido no pleno de organización celebrado onte xoves 18 de xuño, cómpre aclarar o seguinte:

  • O BNG e os demais grupos políticos con representación (PP, PSOE e Móvete) acadaron un acordo unánime na xunta de portavoces do pasado mércores 17 para incrementar as asignacións a grupos políticos.
  • As catro formacións entendían naquela reunión que todos os grupos políticos teñen que ter medios suficientes para desempeñar as súas funcións, tal e como sinala a lei. Nese sentido, cómpre sinalar que o BNG só recibe 90 euros mensuais por este concepto, unha cifra claramente insuficiente para o desenvolvemento político normal de calquera grupo municipal, que no caso do BNG suplimos coas asistencias a plenos e comisións do concelleiro, Xosé Magariños, e coas aportacións dos militantes. Compre sinalar que o BNG mantén un local cun horario de atención ao publico, -a única forza política da estrada que o fai-, porque entendemos que parte da nosa responsabilidade como representantes públicos é darlle ese servizo aos veciños e veciñoa da Estrada; e o que reclamamos é que se cumpra a lei concedéndolles aos grupos municipais os medios para dar ese servizo.
  • Este consenso foi roto polo PSOE que no pleno sostivo demagoxicamente o contrario do mantido durante o desenvolvemento da reunión de portavoces.
  • Ante a rotura do consenso acadado nun asunto que incumbe a todos os partidos políticos con representación no concello, o BNG, a través do seu concelleiro, Xosé Magariños, solicita no pleno que este asunto quedase sobre a mesa e se retomase cando se debatese o orzamento de 2016.
  • A pesar desta petición do BNG, o alcalde somete a votación o incremento das asignacións a grupos, polo que o BNG decide votar en contra, porque non hai consenso sobre este asunto. PP e Móvete son os únicos que votaron a favor deste incremento.
  • Por outra parte, o BNG tamén votou en contra de das dedicacións exclusivas dos concelleiros do PP, así como dos incrementos salariais destes e do alcalde. Xosé Magariños afirmou no pleno que non é de recibo que se suban os solario do alcalde un 30% cando a maioría dos traballadores e traballadoras sóbelle só un 1%, no mellor dos casos. Magariños tamén indicou que non pode ser que se aumenten as dedicacións e os salarios dos concelleiros cando o PP delegou á Deputación competencias -cobran máis e teñen menos responsabilidades-. E finalmente, o concelleiro do BNG afirmou que o gasto en órganos do goberno debe gardar un equilibrio co incremento do orzamento municipal. Se o alcalde quere cobrar máis ten que baixar o solario e as dedicacións exclusivas, e viceversa.
Advertisements