O BNG nomea os novos cargos dos organismos municipais, apostando pola renovación e polas mulleres para esta nova etapa


Susana Camba Castro e Ana Rodríguez Pereira formarán parte da Fundación Cultural da Estrada e do Consello Económico e Social, respectivamente

O consello local do BNG da Estrada nomeou os cargos que lle corresponden en función da súa representación nos organismos municipais, entre os que se atopa a Fundación Cultural da Estrada, o Consello Económico e Social e o Mesa de Comercio. Para os vindeiros catro anos, o BNG aposta por renovar os seus cargos e por dar maior protagonismo ás mulleres.

2Na primeira das entidades, o BNG nomea a Susana Camba Castro, como membro do padroado da Fundación Cultural da Estrada, en substitución de Xosé Manuel Baños García, responsábel local do BNG. A Fundación ten entre as súas finalidades a promoción de actividades culturais e da sociedade da información, así como controlar o funcionamento de Radio Estrada, a radio municipal. Susana Camba Castro, veciña da Estrada, forma parte do consello local do BNG e foi número dous da candidatura dos nacionalistas nas pasadas eleccións municipais; é licenciada en historia e traballa na actualidade no 112 en Santiago de Compostela.

6A respecto do Consello Económico e Social o BNG nomeou a Ana Rodríguez Pereira, veciña de Arca, é funcionaria da Seguridade Social, socia fundadora de Cooperativa Monte Cabalar e forma parte do seu consello reitor, foi portavoz da plataforma de emigrantes retornados da Estrada. Ana Rodríguez Pereira, que non é militante do BNG, formou parte tamén da candidatura dos nacionalistas ás pasadas eleccións municipais.

OLYMPUS DIGITAL CAMERAE no que se refire a Mesa de Comercio o posto estará ocupado polo actual concelleiro do BNG, Xosé Magariños Maceiras, xa que só pode estar ocupado por cargos políticos electos.

O BNG agarda que nos vindeiros catro anos estes organismos, pero especialmente o Consello Económico e Social e a Mesa de Comercio, teñan unha maior relevancia e unha maior periodicidade na convocatoria das súas reunións, e non queden reducidas a meros órganos consultivos dos festivos locais e cuestións de mero trámite que presenta o grupo de goberno municipal. Por outra parte, o BNG tamén agarda que se teñan en conta as opinións e as propostas dos seus integrantes, entre os que se atopan representantes dos traballadores, empresarios e outros axentes sociais, cuxa opinión tamén é importante para a mellora económica do concello.