Acto informativo aberto na Estrada sobre as consecuencias do Tratado de Libre Comercio entre Estados Unidos e a Unión Europea (TTIP)


Este acordo terá afectará ao 99% da poboación galega, desde traballadores e traballadoras, a pequenos comerciantes e pequena e mediana empresa, gandeiros e gandeiras, … a todos os sectores económicos de Galiza

ttipO BNG da Estrada organiza o vindeiro xoves 17 de setembro, ás 9 da noite, no Teatro Principal, un reunión informativa aberta a toda a cidadanía sobre as consecuencias do Tratado de Libre Comercio entre Estados Unidos e a Unión Europez, tamén coñecido como TTIP.

Esta reunión, que estará conducido por Susana Camba, membro do consello local, contará coa presenza de Ramiro Oubiño, da executiva nacional da CIG, e con Rosana Pérez Fernández, deputada do BNG no Congreso.

Con este Tratado, cuxa negociación está sendo levada en segredo polos dirixentes de ambas as dúas potencias económicas, terá consecuencias desastrosas para todos os traballadores e traballadoras, así como traerá privatizacións masivas de servizos públicos, en particular a sanidade, reforzando a estratexia na que xa está o PP desde o goberno central e a Xunta.

A finalidade básica deste tratado é, exclusivamente, eliminar as barreiras reguladoras que limitan os beneficios das grandes corporacións multinacionais. As barreiras que protexen as nosas normativas de protección social, isto é, os nosos raquíticos dereitos laborais e de seguridade social; de seguridade alimentaria e de regulación sobre o uso de substancias químicas tóxicas; de protección do medio ambiente e dos nosos recursos naturais.

Aínda que dende as institucións se pretenda “vender” como un acordo destinado a incrementar o número de empregos e favorecer o comercio entre a UE e EEUU, os intereses que realmente sairán favorecidos serán os das multinacionais que controlan o comercio entre as dúas beiras do Atlántico.

Este acordo terá afectará ao 99% da poboación galega, desde traballadores e traballadoras, a pequenos comerciantes e pequena e mediana empresa, gandeiros e gandeiras, … a todos os sectores económicos de Galiza.

Desde o BNG queremos que a cidadanía saiba as graves repercusión deste macrotratado comercial que se resume basicamente nunha: os intereses das multinacionais pasan por riba da soberanía dos pobos e dos dereitos dos consumidores. Por que?, porque o que fai o tratado é igualar a normativa en materia de seguridade e consumo por abaixo, o que fai que teñamos menos protección á hora de comprar por exemplo alimentos. Un exemplo claro: podemos estar comprando alimentos modificados xeneticamente sen que o saibamos porque non exista obriga de informar ao consumidor.

Advertisements