Valoración dos primeiros 100 días do goberno do PP


O BNG valora negativamente o 100 días de goberno do PP. É un goberno continuísta, que como anterior, só vende fume e poses para a galería; estes primeiros 100 días caracterizáronse pola parálise e a deixadez na xestión , exceptuando o despropósito de anunciar a construción dunhas pistas de atletismo nun centro de ensino privado.

Por outra banda, é un goberno caracterizado pola deixadez nos servizos básicos esenciais como a auga, a depuración das augas ou a recollida do lixo. O goberno de López é un goberno sen peso político, que é incapaz de concretar ningunha das infraestruturas importantes para o noso concello como son a Cidade do Moble ou a Variante, anunciada e prometida durante a campaña electoral.

Advertisements