O BNG da Estrada aposta pola xestión pública do Centro de Maiores


Insta ao alcalde a traballar con este obxectivo, desbotando completamente a xestión privado dun centro que non colmará as expectativas dos veciños e veciñas da Estrada

cimg2151

“O BNG aposta porque o Centro de Maiores situado no Novo Mercado sexa de xestión pública e insta ao alcalde a traballar con ese obxectivo”, afirmou o concelleiro do BNG, Xosé Magariños logo de que o rexedor municipal anunciara nos medios de comunicación que a decisión sobre o modelo de xestión decidirase ao longo deste mes.

“No BNG podemos entender que o concello non teña recursos para afrontar os custes desta xestión pública”, engadiu Magariños, “pero o lóxico é que sexa a Xunta de Galiza quen a asuma a través da Consellaría de Política Social”. “En todo caso”, afirmou o concelleiro nacionalista “estamos en contra da privatización deste servizo público”.

Por outra parte o concelleiro do BNG indicou que “temos un alcalde empeñado en darnos gato por lebre, xa que o Centro de Maiores non deixa de ser un parche que non suplirá a carencia que ten A Estrada dun centro de día dotado de maiores recursos e servizos dos que carece este Centro do Maior”. “E moito nos tememos que non cumprirá as expectativas de moita xente”, afirmou.

Advertisements