O BNG da Estrada denuncia o mal estado dos aparcadoiros públicos de Correos e da Casa das Letras


fochancas-correos

Aparcadoiro público de Correos

O portavoz municipal do BNG, Xosé Magariños, vén de afirmar que o “PP debe ter pensado en converter os aparcadoiros de Correos e o da Casa das Letras en piscinas naturais para o verán, porque senón non se entende como poden estar en tan mal estado un sitio que debería servir para que os veciños e veciñas deixaran os seus vehículos mentres fan as compras no comercio local”.

“Se é esa a idea”, explicou o concelleiro, “suxírolle ao alcalde que deixe que a natureza faga o seu traballo e así no verán teremos un novo atractivo turístico para a Estrada, iso si, probabelmente sen agua”. “Porén,” engadiu Magariños, “se o que quere é dotar dunha rede de aparcadoiros en superficie e gratuítos para os veciños e veciños do rural que se achegan á vila a mercar, suxírolle que se poñan mans á obra e arranxe as fochanchas de ambos os dous aparcadoiros para que se poidan utilizar sen que os usuarios se mollen até os xeonllos”.

IMG-20160319-WA0004

Aparcadoiro público da Casa das Letras

O concelleiro nacionalista indicou que “non é a primeira vez que se lle pide ao alcalde que arranxe os aparcadoiros, pero que o seu pasotismo está a converter os aparcadoiros públicos en auténticas pistas para 4×4, especialmente o de Correos, que é o que está en peores condicións”.

Advertisements