O BNG recolle sinaturas para presentarse ás eleccións do 26 de xuño


Facemos un chamamento a todos os veciños e veciñas da Estrada a asinar para que o BNG estea presente na vindeira campaña electoral, independentemente de se son votantes ou non, pero que acreditan na pluralidade política que de reinar no Estado

votarUnha recente modificación da normativa electoral española obriga a que para presentar candidaturas ao Congreso e ao Senado, as formacións políticas que non tiveron representación no proceso do 20 de decembro de 2015 deben contar co aval, a través de recollida de sinaturas, de cando menos o 0,1 por 100 do censo da provincia correspondente.

Por ese motivo, o BNG está a a realizar por todo o país, e por suposto na Estrada, unha campaña de recollida de sinaturas para garantir que o Bloque Nacionalista Galego estea presente nos vindeiros comicios do 26 de xuño.

Facémolo convencid@s de que o BNG é quen mellor defende os intereses da Galiza e tamén do noso concello, como tantas veces temos demostrado. Ten un compromiso firme e verificado durante décadas de traballo por este país. Porque traslada as reivindicacións sociais a pé de rúa ás institucións e, así, loita para conseguir un futuro mellor para o noso pobo.

Na vindeira lexislatura debaterase sobre o emprego, as pensións, a sanidade, o ensino, a factura da luz, o gasto militar, a seguranza ferroviaria, as autoestradas, os dereitos das mulleres, a vivenda, a cultura, as cotas de pesca, o prezo do leite… Tamén están en xogo os dereitos da nacións, a comenzar pola nosa. Galiza non pode quedar calada, temos moito que dicir sobre nós. Se o Bloque está, Galiza está.

Convidamos a todos os veciños e veciñas da Estrada a asinar para que o BNG poida estar na grella de saída o vindeiro 10 de xuño, independentemente de se son votantes do BNG ou non, pero que acreditan na pluralidade política.

Por este motivo, este sábado 14 de maio, a partir das 11,30 horas, na Praza da Farola, instalaremos unha mesa para que toda aquela persoa que o desexe asine para que o BNG na vindeira campaña electoral.