O BNG insta ao alcalde a acometer a limpeza das praias fluviais da Estrada


  • Xosé Magariños: “o verán está ao caer e o aspecto que presentan as praias fluviais é lamentábel, en especial a de Couso”
IMG_20160601_193231

Praia fluvial de Couso

O BNG da Estrada insta ao alcalde a preparar as praias fluviais para a época estival que xa está ao caer. En concreto, o BNG solicita ao grupo de goberno do PP a actuar con urxencia na área recreativa do Liñares, na praia fluvial de Barcala e na de Couso.

Segundo explicou o concelleiro nacionalista, Xosé Magariños, “o verán está ao caer e o aspecto que presentan as praias fluviais é lamentábel, en especial a de Couso, onde hai unha auténtica selva na que non se pode entrar”.

Xosé Magariños lamenta “o nulo interese do PP por estes paraxes singulares, tradicionalmente utilizados polas veciñas e veciños da Estrada, así como doutros concellos, como unha alternativa ao turismo de praia, que cada día ten máis demanda, e A Estrada é unha potencia e unh diamante en bruto sen explotar”.

“É unha mágoa”, insiste o concelleiro do BNG, “que o PP non aposte por estes fermosos paraxes naturais e non teña en axenda un plan de actuación permanente sobre estas praias, que permitiría, nas tempadas de menor caudal, a práctica de todo tipo de deportes ao aire libre”.

Advertisements