Desapareceu a Ponte Colgante de Couso!!


O BNG denuncia o mal estado no que se atopa a contorna da ponte colgante de Couso, eclipsada pola maleza e o lixo

IMG_20160720_111212O goberno municipal da Estrada ten completamente abandonada a ponte colgante de Couso. Un dos principais atractivos turísticos do noso concello, desaparece por completo entre as herbas, a maleza e o lixo que se amorea ao seu redor.

Para o concelleiro do BNG, Xosé Magariños, “isto demostra unha vez máis que o goberno do PP non lle interesa o máis mínimo as nosas principais referencias turísticas”. “É máis”, engadiu o concelleiro nacionalista, “o goberno do PP carece de política turística porque senón non se entende que a ponte colgante de Couso estea en plena época estival eclipsada por herbas e vexetación de todo tipo, pasando totalmente inadvertida a toda persoa que pase pola estrada que hai na súa marxe”.

Sen oficina de información turística e sen web
“Este desleixo que ten o PP cos nosos atractivos turísticos, non é casual, como tampouco é casual que a oficina de turismo estea pechada e que a web “turismo.aestrada.com” non funcione” afirmou o concelleiro do BNG, “o problema non é a deputación de Pontevedra, o problema é que ao alcalde e o seu equipo de goberno non teñen unha política turística que ofrecer aos visitantes, a pesar de que A Estrada é o concello con máis casas de turismo rural de todo Galiza, e o que é peor parece que non queren turistas na Estrada”.

“Así”, engadiu Magariños, “non é de estrañar que a oficina de turismo estea pechada e sen a bolseira ou bolseiro da Deputación, e tampouco é de estrañar que o alcalde bote balóns e descargue toda a responsabilidade nas outras administracións que si fan o seu traballo, xa que a maioría dos concellos da provincia teñen bolseiros da Deputación, agás A Estrada”.

Advertisements