Apoiamos a reivindicacións veciñais que solicitan a mellora das praias fluviais do noso concello


A Estrada ten potencial para constituírse nun referente turístico de primeiro nivel, pero o goberno do PP non se toma en seria política turística

IMG-20160807-WA0003

Praia fluvial de Couso

O BNG da Estrada apoia as reivindicacións dos veciños e veciñas de Barcala para mellorar e acondicionar a praia fluvial da parroquia, á que asisten non só os que viven no val de Vea, senón tamén ás persoas de concellos de preto da Estrada, xa que é un areal moi coñecido e apreciado.

Esta praia fluvial mellorara substancialmente na etapa do BNG no goberno municipal de 2007 a 2011, xa que se acometeran diversas melloras a petición dos veciños e veciñas de Barcala, melloras que se foron perdendo por falta de mantemento do goberno municipal do PP e especialmente pola insensibilidade do actual goberno, que o ano pasado acometía unha brutal agresión á contorna coa apertura dun camiño totalmente innecesario, arrasando a praia e parte da vexetación da ribeira.

Pero non só a praia fluvial de Barcala necesita melloras, a de Couso tamén, así como outras areais dispersos polo noso concello como pode ser a área recreativa do Liñares, tamén acondiciona no seu día polo BNG. A estes areais acoden diariamente centos de persoas, como unha alternativa ás praias de mar, que nos quedan bastante lonxe aos estradenses.

En moitos casos, son os propios veciños e veciñas os que traballan para mellorar estes areais, como a de Couso, onde o concello limítase a pasar a desbrozadora antes do verán, pero son os propios veciños e veciñas os que recolleron a herba guindada na praia.

Temos que recordar que a praia fluvial de Couso non hai moitos anos acollía a centos de persoas todos os días do verán, cunha situación e cunha ponte medieval, facía desta praia un fermoso lugar para o lecer. Agardamos que a declaración BIC desta ponte impulsada polo BNG no Parlamento Galego supoña un revulsivo para que a ponte e a praia recuperen os esplendor deses anos.

Lamentamos a desidia e a falta de iniciativa do goberno municipal do PP, a pesar de todos instamos ao grupo de goberno a tomarse en serio a política turística, A Estrada ten potencial para constituírse nun referente turístico de primeiro orde. Porén, o goberno do PP considera un éxito saír nunhas revistas, mentres ten completamente abandonado os nosos principais atractivos turísticos, e entre eles, as praias fluviais, cando o lóxico é facer precisamente o segundo para saír nas revistas e catálogos despois.

Advertisements