O BNG denuncia unha vez o pésimo servizo de recollida do lixo no rural


img-20161018-wa0006Magariños insta ao alcalde a apostar pola reciclaxe e a compostaxe

O BNG da Estrada denuncia unha vez máis a deficiente recollida do lixo no rural, “algo habitual”, segundo explicou o concelleiro da organización nacionalista, Xosé Magariños.

“Veciños e veciñas do rural, nesta caso de Santeles e do Val de Vea”, afirmou o concelleiro do BNG, “ven como se amorea o lixo nos contenedores, un feito que ser repite ao longo do anos e máis ocasións das que sería recomendábel”.

O concelleiro nacionalista insta ao “goberno municipal a poñer remedio ao pésimo servizo que presta o concello na recollida do lixo do rural, que tamén pagan impostos como os da vila e teñen dereito a un servizo de calidade”.

Magariños insta ademais ao goberno municipal “a buscar fórmulas que rebaixen o volume de lixo que se recolle, tanto na vila como no rural, apostando pola reciclaxe e a compostaxe, que conseguiría outro efecto positivo para as arcas do concello, que sería a de rebaixar a factura que anualmente paga a Sogama, que xunto coa da electricidade é a que máis cara nos sae a todos os estradenses”.

Advertisements