Xosé Magariños insta ao PP a non improvisar os cambios de sentido das rúas


perezviondiO concelleiro do BNG, Xosé Magariños, afirmou hoxe, logo de coñecer que o goberno municipal pretende humanizar e cambiar de sentido a Rúa Pérez Viondi, que “o goberno do PP segue improvisando humanizacións e cambios de sentido da circulación sen contar coas repercusións que terá isto para o tráfico e as zonas de aparcadoiro”. O portavoz nacionalista f

“Así aconteceu na urbanización da Baiuca”, engadiu Magariños, “e os condutores e condutoras que utilizan a Rúa Varela Buxán para incorporarse á Avenida Benito Vigo en dirección Lalín atópanse con que non poden xirar á dereita como facían antes, quedando atrapados nun bucle sen fin, como denunciamos no seu día”. “Estas son as consecuencias da improvisación”, afirmou Magariños, “e os veciños e veciñas sofren as consecuencias das chapuzas do PP”.

O concelleiro nacionalista pide ao “goberno municipal que faga unha planificación global das humanizacións e os cambios de sentido para evitar o caos que é hoxe circular pola vila, onde son frecuentes os atascos”.

Noutra orde cousas o concelleiro do BNG volveu a recordar o pésimo estado no que se atopan os aparcadoiros públicos, especialmente o de Correos na Avenida de América. Xosé Magariños afirmou que “é lamentábel que o PP fale de humanizacións, coa conseguinte perda de aparcadoiros nas rúas afectadas, e os veciños e veciñas teñen que sufrir aparcar os seus vehículos nunha corredoira chea de fochancas”.

Advertisements