O BNG sospeita que o informe de patrimonio sobre o paso da Variante por Aguións será negativo


castro1O alcalde e Fomento deberán atopar inmediatamente unha novo trazado que respecte o noso patrimonio para non adiar a Variante outros vinte anos

O BNG sospeita que o informe dos técnicos de patrimonio sobre o Castro de Aguións preceptivo para a construción da Variante vai ser negativo. Segundo explicou Xosé Magariños, concelleiro do BNG, “o pasado sábado achegámonos unha delegación do consello local ao lugar das prospeccións de patrimonio e puidemos apreciar claramente os muros defensivos do castro no medio e medio do traxecto por onde pasaría a Variante.” É dicir”, engadiu Magariños, “que se esta se chega a construír os muros defensivos do castro quedarían sepultados para sempre debaixo do asfalto da variante”.

“Desde o BNG entendemos que se as nosas sospeitas se confirman”, afirmou, “o Ministerio de Fomento deberá atopar un traxecto máis acaido para respectar o noso patrimonio para que este non fique enterrado baixo toneladas de escombro e chapapote”.

“Por outra parte”, engadiu Magariños, “como xa afirmamos no seu momento, parece que Fomento non ten moito interese en facer a Variante e presumibelmente atopará no castro a escusa perfecta para adiar outros vinte anos máis a construción desta infraestrutura tan necesaria para A Estrada”. “O castro non apareceu de súpeto, como un cogumelo no outono, xa estaba aí cando os técnicos de fomento trazaron as liñas da variante nun plano”, afirmou Magariños, “P

“Teremos que agardar aos informes de patrimonio”, explicou Magariños, “pero se as nosas sospeitas se confirman o alcalde terá que reunirse inmediatamente cos responsábeis políticos do Ministerio de Fomento para atopar o antes posíbel un deseño da Variante máis respectuoso co noso patrimonio ou contemplar unha desvío que permita salvar o castro na súa totalidade”.

castro2Posta en valor do castro
“Por outra parte”, afirmou o concelleiro do BNG, Xosé magariños, “é unha mágoa que o concello non saque proveito do Castro de Aguións, dada a súa proximidade ao casco urbano, xa que se trata dunha fermosa paraxe, tanto desde o punto de vista paisaxístico como cultural e patrimonial”. “Temos unha pedazo de historia a poucos quilómetros do casco”, afirmou, “que ignoran da súa existencia a maior parte dos veciños e veciñas da Estrada”.

Advertisements