Os verquidos da EDAR de Aguións tirán por terra o concello sustentábel e ecolóxico que nos vende o PP


Xosé Magariños afirma que os verquidos da EDAR son dunha extraordinaria gravidade e esixe ao PP máxima celeridade para solucionalos de inmediato

img-20170102-wa0038O concelleiro do BNG, Xosé Magariños, esixe ao goberno do PP “máxima celeridade para solucionar os verquidos de augas fecais da EDAR de Aguións na minicentral de Barbude, que desembocarán tarde ou cedo no Liñares e no Ulla”. “As fotos que nos achegaron os veciños e veciñas de Barbude non deixan lugar a dúbida”, engadiu, “estamos ante un verquido de extraordinarias proporcións que ameaza a saúde das persoas -en primeiro lugar- e os ríos nos que se pesca o salmón, un dos principais atractivos turísticos do noso concello”.

Para o concelleiro do BNG está situación “é unha vergoña ter a principal central depuradora da Estrada nestas condicións, e é un problema moi grave de saúde pública que esixe solucións inmediatas por parte do concello gobernado polo PP.”

O BNG non é a primeira vez que denuncia os problemas do sistema de depuración do concello. Segundo explicou Magariños, “non é só a EDAR de Aguións, falla todo o sistema con que conta A Estrada para depurar e conducir as augas fecais, como xa denunciamos en reiteradas ocasións, e esixe unha solución global para atallar esta desfeita ecolóxica”.

Para Magariños “a imaxe dun concello sustentábel e ecolóxico que nos vende ou nos quere vender o PP cae polo seu propio peso ante situacións como esta”. “Se en Europa chegan a ver os verquidos de augas fecais da EDAR de Aguións pensaríase moito en conceder A Estrada os catro millóns e medios o proxecto EDUSI”.

Advertisements