Convidamos ao alcalde a darse un baño como Fraga fixo en Palomares nas augas tratadas da EDAR


Calquera persoa que vexa as imaxes dos verquidos que publicaron os medios locais sabe perfectamente que iso non só contamina, senón que é prexudicial para saúde.

img-20170102-wa0038Se o alcalde cre realmente que os verquidos da EDAR de Aguións en Bardude son residuos orgánicos xa tratados e non teñen ningún problema para a saúde das persoas, convidámolo a demostralo como fixo Fraga en Palomares nos anos 60 do século pasado.

As explicacións do alcalde sobre a EDAR de Aguións non se sosteñen por ningún lado. Calquera persoa que vexa as imaxes dos verquidos que publicaron os medios locais sabe perfectamente que iso non só contamina, senón que é prexudicial para saúde.

img-20170118-wa0002

Novo verquido nos Bolos (Lagartóns)

Por outra parte, o problema da EDAR non é só que está sobredimensionada, senón que ten un problema de deseño que o BNG denunciou desde o minuto un da súa posta en marcha, porque os verquidos deste mes non son algo excepcional, é a norma, nun sistema de saneamento do concello da Estrada que é un completo desastre, como se pode apreciar estes días á altura dos Bolos en Guimarei, onde hai augas residuais correndo sen control de ningún tipo, sen esquecernos de Figueiroa, Sabucedo, detrás do Cristo Rei no caso urbano, Souto de Vea, etc, etc.

Convidamos ao alcalde a ser menos triunfalista, minimizando a cruda realidade, e poñerse a traballar para que A Estrada teña unha rede saneamento que sexa merecedora de tal nome e que solucione os continuos verquidos da EDAR, así como os que desbordan os sumidoiros da vila, sen esquecer, evidentemente, a necesaria expansión do saneamento a todo o rural estradense.