A odisea de conducir polo Chedón chega ao Parlamento Galego da man do BNG


Desde o BNG esiximos á Xunta de Galiza e ao concello a retirada dos eucaliptos de grandes dimensións que flanquean a estrada, a mellora do trazo e a construcións de arcéns na PO-214

chedon1A diario centos de veciños e veciñas da Estrada circulan pola estrada que vai de Baloira a Pontecesures, a PO-214, que atravesa os concellos da Estrada, Padrón e Pontecesures. Este vial, cuxa titularidade corresponde á Xunta de Galiza, cheo de curvas, estreito e sen vías de escape no caso dunha avaría ou accidente, é unha auténtica odisea para non poucos estradenses que circulan por esta estrada. Mais a condución vólvese imposíbel cando o vento arrecia como estamos a ver durante estes días por mor da maleza dos eucaliptos que cae á estrada.

No ano 2014 a Xunta de Galiza iniciou un expediente para proceder á cortar os eucaliptos, todos eles de grandes dimensións, cuxas raíces deterioran tamén o esfalto. Pero o expdiente ficou baleiro e a día de hoxe os eucaliptos seguen aí e tamén os problemas que ocasiona aos veciños e veciñas especialmente das parroquias de San Xurxo de Vea e Santa Mariña.

Desde o BNG da Estrada trasladamos ao Parlamento Galego unha iniciativa para instar á Xunta de Galiza a tomar as medidas que correspondan para retirar os eucaliptos e evitar os problemas que supoñen para a integridade física dos condutores e condutores que circulan por este vial.

chedon2Ao mesmo tempo tamén solicitamos da Xunta de Galiza unha mellora no trazado, así como medidas de seguranza pasiva e a construción de arcéns, xa que, como dixemos anteriormente, non ten, co perigo que supón isto nunha estrada tan estreita, cuxo trazado está flanqueado por eucaliptos de grandes dimensións.

Por outra parte, instamos ao goberno municipal do PP a tomar a iniciativa ante a falta de preocupación por parte da Xunta de Galiza e presionar ao goberno amigo de San Caetano a tomar as medidas preventivas que demandan centos de veciños e veciñas da Estrada que utilizan a diario a PO-214.