Susana Camba forma parte da Executiva Nacional do BNG


IMG_20170325_193729A que fora a número dous da candidatura do BNG ás eleccións municipais, Susana Camba Castro, forma parte desde hoxe da Executiva Nacional do BNG, liderada por Ana Pontón, electa na XVI Asemblea Nacional que tivo lugar na Coruña o sábado 25 e o domingo 26.

A Executiva electa é unha dirección que conxuga renovación e experiencia, e foi electa nunha candidatura que emanou das bases militantes, concretamente das 25 asembleas comarcais que se desenvolveron nas últimas semanas ao longo de todo o país. Concretamente a proposta de Susana Camba foi feita na asemblea comarcal da Estrada-Deza, contando coa unanimidade e o aval de toda a militancia.

Susana Camba Castro é veciña da Estrada, ten 43 anos, é licenciada en historia e traballa no 112, e representa aos traballadores e traballadoras deste servizo no seu comité de empresa.

Para o BNG da Estrada é un orgullo contar cunha das súas militantes no máximo órgano de dirección da nosa organización, que procura contar con persoas que se caracterizan pola súa traxectoria política, pero tamén implicada socialmente na defensa e na recuperación dos nosos dereitos sociais e políticos que temos como galegos e galegos.