O BNG da insta ao goberno municipal a arranxar o balo da escola de Santo André de Vea


1Desde o BNG da Estrada instamos ao goberno municipal a arranxar o balo que circunda a escola de Santo André Vea. Este edificio, que no pasado acolleu a escolarización dos nenos e nenas desta parroquia, é hoxe un importante centro cultural e asociativo, onde teñen a súa actividade a Asociación Cultural Tamparrantán e a de Mulleres Rurais de Santo André de Vea.

O balo que circunda o edificio está practicamente desfeito, logo de case cincuenta anos de resistir as inclemencias metereolóxicas e a vexetación. Desde o BNG da Estrada entendemos que xa é hora de que o goberno municipal, despois de case 50 anos, proceda ao arranxo do balo, non só por cuestións estéticas, senón tamén por seguranza, xa que as escasas partes que aínda están en pé ameazan con virse abaixo.

2