Tino Regueira, novo responsábel local do BNG da Estrada


3O pasado luns, a asemblea local do BNG da Estrada, renovou por unanimidade o novo consello local, así como o seu responsábel local, que pasa a ser Constantino Regueira Paz, en substitución de Xosé Manuel Baños García.

O novo consello local está composto polas seguintes persoas: Constantino Regueira Paz (Guimarei), Xosé Manuel Baños García (Santo André de Vea), Maribel Ruíz Ferro (Couso), Xosé Magariños Maceiras (A Estrada), Raquel López Doce (A Estrada), Manuel Rendo Lema (A Estrada), Francisco Outeiro Barcala (Santa Cristina de Vea), Roberto Vilameá Ponte (A Estrada), Xosé Nogueira Rodríguez (Figueiroa), Víctor Pousada López (Matalobos), Fina Pereira Rivas (A Estrada), Enrique Ríos Valiñas (A Estrada), Xoán Carlos Garrido Couceiro (A Estrada), Antón Álvarez Merayo (A Estrada) e Susana Camba Castro (A Estrada), aśi como Marcelo Vidal García (Couso), Alberte Baltasar Figueiras (Berres).

Aínda que a renovación do consello local faise cando a asemblea local o estime oportuno, é de obrigado cumprimento após a celebración de cada asemblea nacional, que desta volta se realizou na Coruña o pasado mes de marzo.

A asemblea local marcou como obxectivos para os vindeiros dous anos, ampliar a base nacionalista, así como preparar sen demora as próximas eleccións municipais de 2019, tanto no que se refire ás propostas programáticas, para definir unha alternativa ao goberno do Partido Popular, así como na conformación da candidatura que poña en marcha unha Estrada diferente e con futuro, cuxos alicerces serán o emprego e a recuperacións dos sectores produtivos.