O BNG apoia o piquete informativo das traballadoras e traballadores do 112


concentracion112O BNG da Estrada formou parte na tarde-noite de hoxe do piquete informativo que todos os días realizan as traballadoras e traballadores do 112 fronte a sede da AGASP, en folga desde hai máis dun mes.

Con este xesto, desde o BNG da Estrada reiteramos o noso apoio e solidariedade con este colectivo, cuxa loita polos seus dereitos laborais, son, hoxe por hoxe, un referente de dignidade e de compromiso de clase para todas as traballadoras e traballadores da Galiza.

Desde o BNG da Estrada facemos un chamamento ás autoridades políticas da Xunta de Galiza a solucionar dunha vez por todas este problema, que afecta a un dos servizos máis importantes do noso país, como é o 112, o servizo de Emerxencias, que ten a súa sede na Estrada. Por outra parte, instamos ao PP e á empresa contratada a respectar os dereitos laborais das traballadoras e traballadores e a non por en risco a vida das persoas.

Advertisements